Tuesday 14 de May de 2024

Comunicado Oficial da Concellería de Medio Ambiente


 

Ante a comunicación do Sindicato das e dos Traballadores da Limpeza (STL) de
Cespa, empresa encargada da Recollida de Residuos Sólidos Urbanos e Limpeza
Pública Viaria, sobre a suspensión da súa actividade profesional, que acudirán aos
seus postos de traballo, pero sen saíren a desempeñar ningún servizo a partir das
22.00 horas deste mesmo día, a Concellería de Medio Ambiente quere manifestar o
seguinte:
1. A Concellería determinou onte a situación e recolocación de aseos portátiles
repartidos por varios puntos da cidade. Estes nove urinarios que, xunto aos xa
existentes farán un total de case 50, daranlles servizo esencialmente ás e aos
traballadores de servizos públicos básicos que deben proseguir a súa actividade na
rúa, tal e como reflicte o Decreto do Estado.

2. Ademais, comunicoulles a todas as empresas concesionarias de
aparcadoiros públicos dependentes do concello que deberán abrir os seus aseos as
24 horas do día para todas aquelas traballadoras e traballadores de servizos
básicos que necesiten utilizalos.

3. A Concellería de Medio Ambiente seguiu para iso as suxestións que algunhas
empresas concesionarias lles achegaron para colocar os baños, como no caso dos
que están situados nas cabeceiras de liña dos autobuses. Unha vez que se instalen
todos os váteres ao longo desta mañá, comunicaráselles a actualización das
localizacións ás empresas concesionarias de transporte público, limpeza e recollida
de residuos, mantemento de parques e xardíns, e todos aqueles servizos públicos
básicos municipais. Así mesmo, publicaranse na nosa web.
4. A Concellería de Medio Ambiente entende que a demanda do sindicato STL
está deste xeito satisfeita, polo que non entendería que se deixase de prestar un

Comunicado Oficial

servizo esencial para garantir a salubridade e hixiene da cidade, máxime nun
Estado de Alarma provocado por unha crise sanitaria como a que
desafortunadamente vivimos.

5. Solicítaselle, por tanto, ao cadro de persoal deste servizo básico que cumpra
cun cometido tan importante como o da limpeza na cidade, posto que entendemos
que as demandas trasladadas a esta concellería xa foron atendidas.
6. Por iso, esperamos que o servizo funcione con normalidade a partir das
22.00 horas de hoxe en vista das actuacións levadas a cabo pola Administración
municipal.
7. No caso de que se interromper este servizo básico esencial e seguindo o
establecido no Decreto do Estado de Alarma, anunciado o pasado sábado día 14 de
marzo polo Goberno central, o concello tomaría todas as medidas legais ao seu
alcance para garantir a limpeza da cidade ante o problema sanitario en que nos
atopamos.